luns, 22 de xuño de 2015

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo deste trimestre, nas clases de expresión corporal, tamén traballamos na ilustración do conto que, dende o equipo de normalización da lingua galega, creamos entre todas as aulas do CRA, para isto unha vez elaborado o argumento, os nenos e nenas de Couso escolleron que parte da historia querían dramatizar, os papeis que ían representar e como facelo. Este é o resultado: 
Dramatizamos a cea e o momento no que se foi a luz e como os bombeiro (Nuno, Aixa e Adrián) subían con lanternas ao faiado a arranxar a luz.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!







Ningún comentario:

Publicar un comentario