luns, 22 de xuño de 2015

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo deste trimestre, nas clases de expresión corporal, tamén traballamos na ilustración do conto que, dende o equipo de normalización da lingua galega, creamos entre todas as aulas do CRA, para isto unha vez elaborado o argumento, os nenos e nenas de Couso escolleron que parte da historia querían dramatizar, os papeis que ían representar e como facelo. Este é o resultado: 
Dramatizamos a cea e o momento no que se foi a luz e como os bombeiro (Nuno, Aixa e Adrián) subían con lanternas ao faiado a arranxar a luz.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!







venres, 12 de xuño de 2015

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo deste terceiro trimestre na aula de Couso traballamos os lanzamentos e as recepcións, os pinchacarneiros, a expresión corporal, a relaxación, os xogos populares como a rá, os bolos, a petanca, as carreiras de sacos, os aros, o soga tira... e tamén xogamos con materiais alternativos como o paracaídas, as indiacas, as pás elásticas, os discos voadores e o xogo do cucurucho. Disfrutamos moito e agora somos uns expertos. Mirade, mirade.







































xoves, 26 de marzo de 2015

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo deste segundo trimestre traballamos os Xogos Cooperativos, o Equilibrio e as Habilidades e Destrezas motrices básicas, é dicir, xogamos a desprazarnos moitas formas diferentes, fixemos saltos e xiros e por suposto, pinchacarneiros, queredes velo? ahí vos vai unha pequena escolla.