xoves, 7 de marzo de 2013

ZANFONA

Esta semana Bieito sorprendeunos moi gratamente. Trouxo á escola a súa ZANFONA e  ademais de explicarnos que é, cantamos xuntos unhas cantigas moi divertidas.
Pronto veredes un vídeo e as fotos. Foi xenial.
Aproveitamos dende aquí para AGRADECERLLE A BIEITO tanta xenerosidade!!!!

SEMANA DE PORTAS ABERTAS


CAMIÓN E TRAXE DE BOMBEIRO

Cuns cartóns, pinturas e moita moita imaxinación...estamos a facer un camión de bombeiros e tamén un traxe!!!!!








mércores, 6 de marzo de 2013

OS BOMBEIROS

Rematado o pequeno proxecto sobre a Candeloria, seguimos aprendendo cousas sobre o oficio de bombeiro. Aquí deixo unha pequena mostra. Estes son os bombeiros que fixemos coa "teacher" Olga.