mércores, 16 de outubro de 2013

PARABÉNS DIEGO POR ESE ESFORZO RECOMPENSADO!!!


AUTOESTIMA

Na escola de Couso estamos a traballar sobre a "autoestima" a través dunha árbore de calidades e virtudes. Teño que dar as grazas a Cris (nai de Nuno) polas dinámicas facilitadas para levar a cabo na aula e ademais pola idea dos autorretratos e o material axeitado.
Aquí vos deixo unha pequeña mostra do traballo realizado ata o momento. Non perdades ollo, pois agora empeza o interesante...saber cales son as calidades e virtudes que os pequenos se atribúen a si mesmos e mais aos compañeiros.
Grazas tamén a profe Sandra que xa comenzou a traballar sobre este aspecto na aula a través dun conto. Pronto descobriremos cal é.