martes, 29 de abril de 2014

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo do 2º trimestre, os nenos e nenas de Couso traballamos moito en Psicomotricidade:

Fixemos xogos cooperativos.
Traballamos o equilibrio dinámico e estático.
As habilidades e destrezas motrices básicas traballámolas realizando distintos tipos de desprazamentos, saltos, xiros nos diferentes eixos corporais e lanzamentos e recepcións.
Xogamos a pases e bote de balón.
Realizamos traballo en circuitos de múltiples habilidades.
E tamén fixemos pinchacarneiros.

Queredes velo? Mirade, mirade...


















venres, 25 de abril de 2014

Hai moitas maneiras de comunicar. Moitas veces, sobran as palabras...
Como docente, levas unha planificación do que queres levar a cabo na aula, como unha sesión de música máis, pero unha vez dentro da mesma, atópaste con cinco cabezas pensantes e inquedas, que plantexan unha serie de suxestións marabillosas que parten dunha pequena semente que prantaches.
Baseámonos na música e esquecemos as palabras...