mércores, 19 de xuño de 2013

FIN DE CURSO 2012-2013

Fai a penas uns meses estabámonos a presentar..., que fantástico é ver o moito que en poucos meses podemos aprender. Os nenos dos docentes e nós, os docentes, deles.
Para algúns, neste momento péchase unha etapa. Unha etapa chea de sorrisos e bos momentos, e empeza unha nova, que traerá miles de cousas marabillosas para todos. Gozádea con eles.
Para outros, a etapa continúa e esta aventura seguirá enchendo as súas vidas de cores, decobrimentos e amizades. Animade aos vosos pequenos, acompañádeos, ide da súa man mentres se forman e descobren.
Chegan as vacacións de verán e con elas, a nosa despedida. É un enorme pracer o que teño por poder contar con familias como vós.
Hoxe, a día 19 de xuño, podo dicirvos que me sento satisfeita cos resultados e moi orgullosa dos vosos fillos. Son marabillosos, únicos e o máis importante, FELICES.
Deséxovos unhas moi felices vacacións.
Grazas por todo.
Begoña

Déixovos unha frase que me gusta moito e que todos deberiamos ter presente:

A INFANCIA TEN AS SÚAS PROPIAS MANEIRAS DE VER, PENSAR E SENTIR; NON HAY MÁIS INSENSATO QUE PRETENDER SUBSTITUÍLAS POLAS NOSAS.
J.J.Rousseau