martes, 16 de decembro de 2014

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo deste trimestre en psicomotricidade traballamos o esquema corporal, a lateralidade, a percepción espacial e temporal, a relaxación e a coordinación dinámica xeral, e para facelo fixemos moitos xogos diferentes e empregamos materiais habituais (aros, bloques, balóns...) e alternativos (zancos, indiacas, pás elásticas, discos voadores, cucuruchos...).
Queredes velo?





























venres, 21 de novembro de 2014

SAMAÍN EN COUSO

NO SAMAÍN PASÁMOLO MOI BEN. ALGÚN DÍA NOS DISFRAZAMOS, DECORAMOS A AULA TERRORÍFICAMENTE E COMA SEMPRE FIXEMOS AS NOSAS CABAZAS. NON FALTOU UNHA SUPER FESTA E MERENDA DIFERENTE PARA TODOS. MIRA MIRA...

SAÍDA Á BIBLIOTECA

aQUÍ VOS DEIXO UNHA IMAXE DA PRIMEIRA SAÍDA Á BIBLIOTECA DO CRA.

O DÍA A DÍA NA AULA DE COUSO

Bo día, familias. Aínda que un pouco tarde...aquí vos deixo unha mostra dos nosos momentos deste novo curso 2014-2015.
Este ano somos seis nenos de tres e cinco anos. De maior a menor Nuno, Sabela, Aixa, Alejandra, Nayra e Adrián.


venres, 26 de setembro de 2014

CURSO ESCOLAR 2014-2015

Comeza unha nova aventura na aula de Couso, con novos compañeiros, novas temáticas e moita moita ledicia. Superado o noso Período de Adaptación, so queda dar a noraboa aos nosos cativos polo ben que o fixeron e a benvida tanto ás novas familias como aos veteranos que ano tras ano camiñades connosco.
Estade moi moi atentos ao noso blog...pronto coñeceremos a todos os nenos.

mércores, 25 de xuño de 2014

PSICOMOTRICIDADE

Este trimestre en Psicomotricidade traballamos a Expresión Corporal, os Xogos Populares e os Xogos Alternativos ao aire libre, queredes velo?














martes, 29 de abril de 2014

PSICOMOTRICIDADE

Ao longo do 2º trimestre, os nenos e nenas de Couso traballamos moito en Psicomotricidade:

Fixemos xogos cooperativos.
Traballamos o equilibrio dinámico e estático.
As habilidades e destrezas motrices básicas traballámolas realizando distintos tipos de desprazamentos, saltos, xiros nos diferentes eixos corporais e lanzamentos e recepcións.
Xogamos a pases e bote de balón.
Realizamos traballo en circuitos de múltiples habilidades.
E tamén fixemos pinchacarneiros.

Queredes velo? Mirade, mirade...