xoves, 28 de febreiro de 2013

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Eva e eu continuamos co traballo que empezou Sandra. Construimos unha casiña e fixemos personaxes. Todos eran redondos menos un que era cadrado.
A continuación limos a metade do conto que é unha historia sobre os problemas que ten cadrado para entrar na casa de redondos, xa que a porta é redonda.
Cando chegamos á metade do conto, paramos e preguntamos aos peques: que podemos facer para axudar a cadrado?
As respostas:

SAÚL: Cortar a porta cadrada

CLARA: Facer dúas portas, unha redonda e unha cadrada

NUNO: Cortar o tellado e subir cunha escada. Unha vez arriba saltamos nun colchón.

DAVID: Cortarlle a cadrado as esquinas

SABELA: Que alguén lle axude a entrar

DIEGO: Convertir a cadrado nun círculo

MIRIAM: Cortar a cheminea e facela cadrada






Pasaron uns días e contamos a outra metade do conto...

VIAXE A MANZANEDA DE SAÚL

Saúl viaxou coa familia a Manzaneda. Mirade que ben o pasou na neve!



domingo, 10 de febreiro de 2013

VENRES 8 DE FEBREIRO, GONDOMAR

O venres día 8 de febreiro, os alumnos do CRA desfilamos cos nosos traxes de paxaros en Gondomar. Estabamos moi guapos e mesmo saímos na prensaaaa!!!!!!!!!

ENTROIDO 2013



Déixovos unha selección dalgúns momentos desta semana tan especial para os vosos peques! Seguimos os mandatos do Farricoque...