xoves, 28 de febreiro de 2013

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Eva e eu continuamos co traballo que empezou Sandra. Construimos unha casiña e fixemos personaxes. Todos eran redondos menos un que era cadrado.
A continuación limos a metade do conto que é unha historia sobre os problemas que ten cadrado para entrar na casa de redondos, xa que a porta é redonda.
Cando chegamos á metade do conto, paramos e preguntamos aos peques: que podemos facer para axudar a cadrado?
As respostas:

SAÚL: Cortar a porta cadrada

CLARA: Facer dúas portas, unha redonda e unha cadrada

NUNO: Cortar o tellado e subir cunha escada. Unha vez arriba saltamos nun colchón.

DAVID: Cortarlle a cadrado as esquinas

SABELA: Que alguén lle axude a entrar

DIEGO: Convertir a cadrado nun círculo

MIRIAM: Cortar a cheminea e facela cadrada






Pasaron uns días e contamos a outra metade do conto...

3 comentarios:

  1. Moitas grazas á profe Begoña e á profe Eva por continuar con esta actividade, sobre todo por traballar un dos meus contos preferidos, xa que non son as persoas as que se teñen que adaptar ao entorno, mais ben,é o entorno o que ten que modificarse para obter mellores resultados.
    Un bico enorme para todos e todas e nos vemos axiña.
    Sandra

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agardamos ansiosos o teu regreso á nosa escola, xa como nai!!! Parabéns por esa criatura tan fermosa!!!

      Eliminar